Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Festival Atlántica leva as contadas ao Hórreo de Carnota e ao Olimpo Celta

festival atlantica carnota 2022
O Festival Atlántica leva as contadas ao Hórreo de Carnota e ao Olimpo Celta

O 10º aniversario do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica celébrase por primeira vez na Costa da Morte. Este vindeiro sábado 2 de xullo (20:30h), o Hórreo de Carnota, e da man de ADECOM, terá unha sesión para público infantil (+ 3 anos) e xuvenil da man de Paula Carballeira e o seu "Camiños de mar, terra e vento".

Ademais, o seguinte sábado, 9 de xullo, a Asociación Monte Pindo Parque Natural leva ao Olimpo Celta outra contada. Avelino González levará o seu "No tempo en que as pedras falaban" ao anfiteatro natural da Cova da Xoana ou Revertedemos, unha espectacular grota natural que perfora de lado a lado unha das serras do macizo. Por iso, a saída será previa ruta de sendeirismo (ás 9:30h), para.a que cómpre inscribirse en festivaltlantica.gal.

Comentarios