domingo. 10.11.2024
El tiempo

Fishernet: recuperando o patrimonio cultural mariñeiro dende a Costa da Morte para toda Europa

Fishernet: recuperando o patrimonio cultural mariñeiro dende a Costa da Morte para toda Europa

Ao longo da pasada fin de semana tiña lugar o último seminario de proxecto europeo Fishernet. Un proxecto internacional adicado a revalorización da cultura e do patrimonio marítimo pesqueiro europeo. Un proxecto que naceu e creceu na Costa da Morte.

I é que no mesmo participan más que activamente as Confrarías de pescadores de O Pindo, Lira e Muros, así como a COGAMI e as Consellerias do Mar e de Cultura. Pero tamén forman parte outros socios europeos de Islandia, Noruega, Escocia, Chipre e Bulgaria.

Así, Noruegos, Islandeses, Escoceses e Chipriotas invadiron a zona de Carnota e Muros durante os pasados días. Houbo varias actividades entre as que tiveron lugar unha mesa de traballo onde se fixo unha posta en común do traballo realizado durante estes 4 anos de proxecto. No Seminario Final Fishernet do pasado venres 6 de xullo, participaron ademais personalidades do mundo do mar da zona, dende Manuel París ou Emilio Louro Milucho, pasando polo poeta Alexandre Nerium ou o historiador Manuel Vilar. O Conselleiro de Cultura Anxo Lorenzo tamén participou neste Seminario Final Fishernet.

Foi simbólico tamén o roteiro do Fornelo do Pindo, descubrindo rutas antigas moi usadas polos mariñeiros e veciños en xeral do pobo redescubertas grazas a este proxecto e outros como o Pindo Mariño da Confraria de Pescadores de O Pindo.

I é que precisamemte este proxecto, que naceu no 2008, "ten por obxectivo crear unha rede europea que permita conservar, divulgar e poñer en valor o patrimonio cultural das comunidades pesqueiras".
O proxecto nace da preocupación das comunidades pesqueiras nel representadas, pola situación de risco na que se atopa o patrimonio pesqueiro, consecuencia dos cambios estruturais, sociais e económicos que afectaron nas últimas décadas á actividade pesqueira en Europa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios