Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Gastronomía mariña en Lira

Gastronomía mariña en Lira
Xa demos conta en QPC dos obradoiros de cociña que acolle Lira, unha actividade que comezaba o pasado martes e remata hoxe xoves. Trátase dunha cita organizada pola Confraría de Pescadores da vila carnotá, co financiamento da Consellería do Mar e a colaboración de Fishernet. Dende a organización tildaban a actividade de “divertida e interesante coa que pasar un tempo agradable, ao tempo que aprendemos a coñecer e cociñar os produtos do noso mar”. E a xulgar polas fotos que xa temos sobre a cita, certo é. Entre os participantes, aos que se lles ve coa indumentaria axeitada e moi atarefados, atopamos a xente de todas as idades, dende os máis pequenos da casa ata os máis grandiños, e de ámbolos dous sexos. Non se ve a moitos homes, pero da presenza masculina tampouco se dubida na actividade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Fotografías achegadas por Emilio Louro Milucho.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios