Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Lira acende os fogóns para poñer en valor os seus produtos

Lira acende os fogóns para poñer en valor os seus produtos
A Confraría de Pescadores da parroquia de Lira, en Carnota, acollerá dous obradoiros de cociña con produtos do mar, un entre os días 26 e 28 de xullo e outro entre o 9 e o 11 de agosto. Dende a organización califican a actividade “divertida e interesante coa que pasar un tempo agradable, ao tempo que aprendemos a coñecer e cociñar os produtos do noso mar”. Xornada relacionada coa pesca Por outra banda temos que falar da celebración dunha serie de conferencias baixo o título Os saberes tradicionais na sostibilidade do mar. A cita será este sábado, 23 de xullo, no salón de actos da Confraría de Pescadores de Lira. Deixamos aquí o programa.
  • 09:00h - 09:20h: Recepción
  • 09:20h - 09:30h: Presentación
  • 09:30h - 10:00h:  "A Reserva Mariña da Restinga (El Hierro) 14 anos despois" - FERNANDO GUTIEREZ (Patrón Maior dá Confraría de Pescadores de El hierro)
  • 10:30h - 11:00h: "Participación cidadá e sostibilidade - O caso do Area Marina Protexida de la Graciosa) " - GINES DIAZ PALLARES
  • 11:00h - 11:30h: DEBATE
  • 11:30h - 12:00h: CAFÉ
  • 12:00h - 12:30h: "Outra ordenación pesqueira é posible" - RAMON TARRIDAS (Presidente da Plataforma de Pescadores Artesanais do Mediterráneo e Presidente de ADAMEC) e MAURICIO PULIDO (Patrón Maior da Confraría de Arenys de Mar)
  • 12:30h - 13:30h: A importancia dos actores locais nas iniciativas de xestión. Cara a unha sostibilidade da identidade" – JEROMO AGUADO (INICIATIVA DE AGRICULTURA/GANDARÍA ECOLÓXICA EN “LAS MALLUELAS”)- UNIVERSIDADE RURAL "
  • 14:00h - 16:00h: XANTAR
  • 16:00h - 18:00h: TALLER - POSTA EN COMÚN E CONCLUSIÓNS
Teñen máis información, para ambas citas, na Confraría de Pescadores de Lira, nos teléfonos 981 761 252 e 635 600 076, ou no enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios