Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Gran Semana Lúdico Cultural da A.C. Canle de Lira

Exposicion A Lonxa da Memoria Lira
Gran Semana Lúdico Cultural da A.C. Canle de Lira

Espectacular, como todo o que fai, o programa que vén de preparar a combativa A.C. Canle de Lira. Exposición, futbolín, xadrez… unha marea de actividades para collerlle o pulso á vila.

Un dos eixes principais será a inauguración da exposición "A Lonxa da memoria”, que erá lugar na Lonxa Vella de Portocubelo as 20.00 hrs. Presentada por Ánxo Gómez, participarán o propio artista e Federica Venier, escritora italiana e catedrática da univerdidade de Bérgamo. A expo trata de narrar unha historia sobre a crudeza e o impacto máis desgarrador da catástrofe provocada na nosa bisbarra polo Prestige. Para remover conciencias e manter a lembranza daquela desfeita o autor escolleu 40 imaxes entre 10.000 tomadas en situ por el mesmo.

A súa vez a A.C. Canle tamén exibirá fotos en clave local e amosando a cara máis humanitaria daquela aldraxe. Ao remate, haberá pinchos para todos os asistentes e foliada a cargo dos Gaiteiros da Baña e dos Tabernícolas do Leiradal.

Xadrez, futbolín e malilla

Torneo Futbolin Canle Lira

Non acabará a actividade da entidade para a vindeira semana.

O mércores 6 terá lugar as 19:00 hrs o Torneo de Xadrez, un dos máis senlleiros da nosa bisbarra, con premios para o 1° e 2° Clasificado. Para inscribirte podes cubrir este formulario online ou avisar no 622 219 904.
Ao remate celebrarase o xa famoso concurso de tortillas da A.c. Canle, onde o xurado elixirá nunha cata a cegas a mellor tortilla entre todas as presentadas á concurso e acto seguido seren degustadas por todos o público asistente.

Xa o venres 8 de decembro, o I Torneo de Futbolín será todo un acontecimento dentro desta semana cultural, de seguro haberá un gran ambiente na Lonxa Vella e logo do campionato entregaránse os premios a 1° e 2 ° parella clasificada pra despois porlle a guinda final como colofón a este evento coa festa rachada Pablo Balseiro vai a armar. Podes inscribirte nos 669 671 824 u 622 219 904.

E como peche, Torneo de Malilla o próximo sábado 9 de decembro ás 16:30h. As inscricións neste formulario ou chamando aos teléfonos 669671824 - 636392273.

Premios para as 1.ª e 2.ª parellas clasificadas.

Comentarios