luns. 12.05.2025
El tiempo

Historias salgadas con Enrique de Caldebarcos

Historias salgadas con Enrique de Caldebarcos

"O mar é a miña vida, e por iso creo que vou morrer no mar, non me queda máis".

Así comeza esta documental sobre Enrique de Caldebarcos, un deses homes que ten sal por sangue, e que fai do mar de Costa da Morte auténtica poesía. Como os berros versados de Xosé Iglesias dende o seu barco, pero cun peso da historia que fai tremer os cimentos da vida.

Así recuperamos esta reportaxe sobre Enrique Martínez Cambeiro, grabada en 1.991 na vila carnotá pola TVG. Unha reportaxe que chega a nós a través do Robinson da Lobeira, David Trillo, gracias aos tesouros gardados polo neto do protagonista, Tono Lago.

Cóntanos a documental como Enrique da Fabriqueira, nado en 1.909, xa andaba ao mar aos 7 anos, pero tivo que marchar ao Perú escapando da dinamita que acababa coa sardiña e da represión franquista.

Non perdades ollo, que estas historias salgadas son un tesouro etnográfico da Costa da Morte e de toda galicia.

Pois iso, que os records que tivo que facer xa os fixo, así que teremos que disfrutar das súas historias dende a pantalla.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Enrique de Caldebarcos

Comentarios