“O Camiño dos Faros non se homologa polo bloqueo da Xunta e a Federación Galega de Montañismo”

Xa o pasado mes de xullo nos explicaran por que non se homologa o Camiño dos Faros?. Pero esta semana, os trasn@s volven estoupar ao comprobar o nivel de bloqueo que hai dende as administracións.
A Asociación Camiño dos Faros, a pesar de ter anunciado que desiste da promoción do sendeiro e de loitar pola homologación, mantivo onte unha reunión coa Federación Europea de Senderismo, porque a Asociación Europea de Sendeirismo quere darlle o selo Leading Quality Trail á ruta, o que a convertiría na única de España con este distintivo.
Pero non pode, “porque está bloqueado pola Xunta e a Federación Gallega de Montañismo”. Así de crú o denuncian os membros da asociación.
Mentres, o Parlamento ten teoricamente creada unha mesa de traballo para a súa homologación, pero por agora non se deu ningún paso.
Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros
- Decembro 20: O Parlamento abre finalmente unha mesa de traballo para a homologación o Camiño dos Faros.
- 03-12-2020: A Xunta ríese dos trasn@s e dubida da seguridade e da conservación dos espazos naturais do Camiño dos Faros.
- 27-11-2020: Os trasn@s ofrecen un informe técnico e medioambiental para demostrar a alta calidade da ruta o Camiño dos Faros.
- Novembro 2020: O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros.
- Outubro 2020: Canto é o impacto real do Camiño dos Faros na Costa da Morte? .
- Outubro 2020: A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR.
- Agosto 2020: O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- Xullo 2020: Os trasn@s percorren a bisbarra.
- Xuño 2020: Por que non se homologa o Camiño dos Faros? Os trans@s rebentan contra as administracións.
- Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte