Os “intres de maxia” de Maricarme

Maricarmen é unha muller adiantada ó seu tempo e exemplo a seguir gracias ao seu alto nivel de conciencia social. Así o comprobaron as xentes máis activas de Carnota, así como a rapazada atenta aos líos do Colectivo Carnota ou da AC Canle.
Case que en clave de sorpresa, a zaseira Maruxiiña, "a avola" como lle chaman os netxs, achegouse esta fin de semana por Carnota e protagonizou numerosas actividades singulares. O venres participou na limpeza da praia de area branca de Lira, compartindo un picnic nas rochas. Foi aí cando Alicia Vázquez e o eterno Sven tiraron de maxia, e sacaron un mapa de hai máis de 200 anos atopado no punto limpo, que tiña sinalado un tesouro no areal. Tocou atopalo en clave de xincana.


O sábado comezou cun obradoiro sobre lixo mariño na AC Canle, onde puidero ademais ver como é a rodaxe dunha escena do Festórreo. Conectaron aí as casualidades e mesmo os rapaces se interesaron sobre como presentar as súas creacións ao festival Olloboi, pois unha das armadanzas é Ana Moreiras, parte da familia da Canle.
Maricarmen deleitou aí á parroquia liracha cunha fermosa poesia que ela creou sentíndose inspirada polo que ía acontecer eses días. Un xeito de compartir a súa vida cos seus netxs porque cre que ese legado é o que lle quere deixar: “experiencia vitais”, “intres de maxia” que encheron os corazóns carnotáns, gracias a esa labor comunicaria de “activismo medioambiental e amor/compromiso polo noso planeta”.