Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Lariño prepara un verán activo e reivindicativo

Lariño prepara un verán activo e reivindicativo

O pasado día 6 de maio a rexuvenecida Asociación de Veciños Insua de Lariño (a dçia de hoxe son un total de 199 socios adultos e xa 36 infantís) celebraba a súa Asamblea Veciñal Ordinaria, na que se aprobaron os orzamentos e a Memoria de actividades para o ano 2012. Un segundo semestre de 2012 no que se recollen distintas accións de tipo reinvindicativo, cultural, deportivo, medioambientais e solidarias.

Protesta e cultura

Entre as accións previstas hai que destacar a reinvindicación de dotación do saneamento público, a apertura das inmediacións do faro de Lariño, o arranxo de varios viais, etc.

Outros tipos de acción previstas son a organización de varios eventos culturais e deportivos como a celebración do Día das Letras Galegas, semana cultural, campionatos de fútbito e xogos populares, cursos de ximnasia, música, idiomas, organización de festas populares como o San Xoán e a colaboración na organización das Festas de San Martiño, asimesmo preténdese continuar con diversas proxeccións de películas e documentais ademáis de organizar actividades de sensibilización ambiental, saídas limpeza praias e sendeiros e plantación de árbores.

Solidariedade

Asimesmo tamén se dou conta dos resultados das campañas de recollida de alimentos e roupa realizadas o pasado mes de abril e que resultaron un rotundo éxito, xa que poideron recollerse 1.100 kilos de roupa e 886 kgs de alimentos (pastas, aceite, galletas, leite…) e que foron entregadas a Asociación Dignidad de Ferrol. Asimesmo, acordaron que para futuras campañas contactarase coa asistenta social do Concello de Carnota para que dispoña dos alimentos e roupa recollida para súa distribución entre as persoas necesitadas do propio concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da A.V. Insua.

Comentarios