Os maiores da montaña de Carnota terán o seu centro social no Valadiño
- Comezaron as obras de seguridade na curva do Pindo

Os maiores de dos lugares de Outeiro, Xestoso ou Cubelo, os “da montaña” de Carnota, terán o seu propio Centro Social. Deputación e Concello abriron o proceso de licitación para a construción do novo centro social de Valadiño. Un centro que servirá para realizar actividades sociais, lúdicas e culturais coma reunións, cursos ou acollemento de exposicións.
O investimento será de 95.000€, e as obras están en fase de licitación ata o vindeiro 26 de maio.
O centro ubicarase en Valadiño, preto de Vilar de Outeiro, no límite co Concello de Mazaricos. A parcela conta cun acceso axeitado a través da estrada Gosende-Arcos. O centro disporá ademais dunha cociña, un aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida, un pequeno almacén e un porche posterior cunha terraza cuberta e con equipamento para que os veciños podan facer barbacoas.
Comezaron as obras de seguridade
Foto de Quino Pais
Paralelamente a Xunta comezou unha das obras de seguridade demandas durante décadas: a ampliación e mellora da seguridade na curva do Pindo.
Unhas obras que representan unha pequena parte dos a proxectos que o Concello ten solictado en Costas, como é a unión por unha senda entre a fervenza do Ézaro e o Monte Pindo.
O Concello segue falando co Ministerio de Transición Ecolóxica, que a realidade é que a día de hoxe están bastanta paralizados os trámites.