Mércores. 24.04.2019
El tiempo

Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee

Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee
Un dos comics presentado en anteriores edicions dos certames de Achegamento a Cultura de Cee Un dos comics presentado en anteriores edicions dos certames de Achegamento a Cultura de Cee

Emitiu o seu veredicto o xurado dos certames escolares culturais da Biblioteca Municipal de Cee. José Ramón Senra Rey é capaz de chegar a centos de rapaces da bisbarra con estes XXV Concurso Literario de Achegamento ó Libro, do Concurso "Na procura do noso V Cómic" e do XII Concurso "En busca do noso Marca-Páxinas" que un ano máis convocou a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee.

A entrega de premios será o mércores 18 de maio ás 18.00 horas no Auditorio “Baldomero Cores” da Casa da Cultura do Concello de Cee. Pero polo de agora xa sabemos os premiados destes concursos que teñen como obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos da nosa Comarca canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude.

Gran participación de toda a bisbarra

O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2016 foron un total de 409 traballos. Foron 25 os traballos presentados para o certame do Cómic, algo máis complexo de crear, e 131 os que marca-páxinas.

Nos vintecinco anos de vida (1992-2016) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 6.601 traballos presentados.

  XXV CONCURSO LITERARIO DE ACHEGAMENTO Ó LIBRO A obra gañadora do 1º Ciclo de Primaria foi: “Señor Luis e a súa biblioteca” de Lucía Caamaño Cespón, do Colexio “Manuela Rial Mouzo de Cee”. Recibindo accésits as obras:
  • “A protagonista” de Paula Rodríguez Canosa, do C.E.I.P. A Igrexa-Brens.
  • “Xoán é os seu amigos” de Carlos Fidalgo Villanueva, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “O castelo do libro” de Adrián Bugeiro Franco, do C.E.I.P. A Igrexa-Brens.
  • “A biblioteca  máxica e o neno” de Antía Amigo Martínez, do C.E.I.P. do Pindo-Carnota.
  • “Piratas, Gnomos, buzos…” de Laura Montoto Iglesias, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “O libro roto” de Xian Lago Trillo, do C.E.I.P. do Pindo-Carnota.
  • “A porta máxica” de Martina García Traba, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  A obra gañadora do 2º Ciclo de Primaria foi: “A barquiña do avó” de Camilo-Pablo Rodríguez Espasandín, do C.E.I.P. de Vilarmide-Muxia. Recibindo accésits as obras:
  • “A fuxida das letras” de Andrea López Lago, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “A vaca que lle gustaba ler contos” de Ainoa Fernández Fernandes, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “O rato bibliotecario” de Mateo Alves Estévez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “As letras perdidas” de Antón Pose Baliña, do C.E.I.P. de Vilarmide-Muxia.
  • “A maxia dos libros” de Samuel Prieto, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “A viaxe ao mundo das letras” de Marina Calo Bujeiro, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “A casa dos libros” de Mara Martínez Prado, do Colexio “Eugenio López de Cee.
  A obra gañadora do 3º Ciclo de Primaria foi: “A castaña chamada Libriño” de Uxia Piñeiro Lago, do C.E.I.P. do Pindo-Carnota. Recibindo accésits as obras:
  • “Rodrigo e a biblioteca máxica” de Mateo Trillo Fandiño, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “Unha árbore chamada Osadía” de Maite Lagoa Paz, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “Ñam” de Daniela Alves Estévez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “A cidade mariña” de Xaquina Rey Louro, do C.E.I.P. do Pindo-Carnota.
  • “Vicente e o tractor” de Mateo Pérez Soto, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  A obra gañadora do 1º Ciclo da E.S.O. foi: “O libro orfo” de Alexia Rey Vaamonde, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. Recibindo accésits as obras:
  • “Os xogos acaban de comezar” de Adrián Priegue Rodríguez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “A primeira guerra literal” de Alex Sendón Lago, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  A obra gañadora do 2º Ciclo da E.S.O. foi: “A letra A” de José Carlos Trillo Montero, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. Recibindo accésits as obras:
  • “Quen” de Manuel Martínez Suárez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “O segredo” de Estela Areas Pérez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  No tocante ao CONCURSO “NA PROCURA DO NOSO V CÓMIC”, a obra gañadora foi: “A árbore dos libros” de Alexia Rey Vaamonde, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. Recibindo accésits as obras:
  • “Ler” de Marcos Gómez Teján, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “E un día todo cambiou” de Helia Lema Redonda, do Colexio “Praia de Quenxe” de Corcubión.
  • “Percorrendo bibliotecas” de David Santabaya Paz, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  No referente ao XII CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”, a obra gañadora foi: “Lendo pasa o tempo voando” de Ana Fernández de Larrinoa Quintela, do Colexio “Eugenio López” de Cee. Recibindo accésits as obras:
  • “Hai grandes libros” de Bistra Ivanova Vasileva, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “Ler é a clave”, de Irene Ramón Fernández, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
  • “Se les convertiste nunha árbore” de Andrea López Lago, do Colexio “Eugenio López” de Cee.
  • “Empápate coa lectura” de Martín García Alves, do C.E.I.P. A Igrexa-Brens.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios