Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os certames de achegamento cultural da Biblioteca de Cee chegaron aos 5.000 traballos

Os certames de achegamento cultural da Biblioteca de Cee chegaron aos 5.000 traballos
A-Biblioteca-de-Cee-editou-o-segundo-libro-dos-seus-Concursos-Literarios

Impresionante a labor da Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee. Van máis de 20 anos achegando a cultura a todos os alumnos da comarca a través dos seus fantásticos concursos literarios. É aí eses ideais nomes do "Concurso de Achegamento ó Libro", que este ano vai pola 23 edición; o "Concurso de Achegamento ó Teatro", xa pola 15 edición; ou o certame do "Na procura do noso Marcapáxinas", no 10º ano que se pon en marcha.

Uns concursos que chegaron nestes máis de 20 anos, nada menos que a uns 5.000 cativos de centros de ensino de Cee, Carnota, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vilarmide ou O Pindo.

E boa proba do que significan como traballo de canteira estes certames, son os nomes que saíron gañadores no seu día, dende a propia Ainhoa Conde, aínda alumna e mellor estudiante de Galicia, como grandes escritores e poetas da zona como Suso Bahamonde, David Creus, María Canosa (autora do prólogo do libro e gañadora do I Concurso), Estevo Creus, Modesto Fraga, María Lado, Rocío Leira, Rafa Villar, Miro Villar, e un sinfín de nomes que demostran como funciona canteira ceense.

Dous libros e ducias de marcapáxinas

O responsable da biblioteca, José Ramón Rey Senra, convoca unha nova edición dos 3 concursos, e aproveita para enviarnos unha copia do libro editado o ano pasado cos textos gañadores dos certames entre os anos 2002 e 2012, despois da edición do primeiro, cos textos do 1992 ao 2002. Libros editados coa axuda da Deputación e marcapáxinas da man da Imprenta Paco.

Fermoso é dar un paseo polos textos dos futuros escritores ceenses, con algunhas das máis fermosas ilustracións, sempre coa idea de fomentar a cultura. Lemas como "Coa lectura chegarás a gran altura", "Non perdas o tren. Le!", "Lendo fas un bo camiño"... centos de contos e marcapáxinas crean un poso de sabedoría entre a mocidade da Costa da Morte.

3 novos certames en marcha neste 2014

Deste xeito, xa están convocados os certames para este 2014, que teñen un prazo de entrega ata o 16 de abril, e que se coñecerán o resultado o vindeiro 16 de maio, día previo ás Letras Galegas.

  • "XXII Concurso Literario de Achegamento ó Libro".
  • "XV Concurso Literario de Achegamento ó Teatro".
  • "Na Procura do noso X Marca-Páxinas".

Os meirandes parabéns para o bo de Senra Rey, e longa vida aos certames da Biblioteca Francisco Mayán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios