Venres. 26.04.2024
El tiempo

Manel Cráneo e Brais Fierro espallan a cultura da banda deseñada por Carnota e Louro

Manel Craneo e Brais Fierro
Manel Cráneo e Brais Fierro espallan a cultura da banda deseñada por Carnota e Louro

Este xoves 27 de abril, volve a Carnota Manel Cráneo. Como fixera hai 11 anos no marco do proxecto A Torre dos Mouros, un mellores embaixadores da banda deseñada galega vén pasar unha xornada completa a Carnota nunha serie de actividades artelladas conxuntamente pola Biblioteca do IES Lamas de Castelo, o CEIP de Louro (Muros) e a Librería Chorima.

O debuxante e editor de Demo Editorial virá acompañado de Brais Fierro (outro ilustrador de BD) para presentar o novo traballo que acaban de publicar: “Roxin Roxal: A daga do conde”, que ademais acaba de levar o premio Follas Novas á mellor BD 2022.

Arrincarán no CEIP de Louro ás 10:30 para facer un obradoiro de cómic co alumnado de 4º-5º-6º de primaria; pasarán polo IES Lamas de Castelo a última hora da mañán para facer un obradoiro especial para os membros do Club de Lectura de BD e logo unha charla ao alumnado de 1º-2ºESO.

Xa pola tarde, de 17:00h a 18:00h, farán presentación e sinatura de exemplares na Librería Chorima de Carnota.

Manel Craneo e Brais Fierro en Carnota

Novas relacionadas

Comentarios