Mércores. 02.12.2020
El tiempo

O Mar de Ardora ilumina a noite de Carnota

Fins Eirexas cazou esta impresionante estampa do Mar de Ardora en Carnota
Fins Eirexas cazou esta impresionante estampa do Mar de Ardora en Carnota
O Mar de Ardora ilumina a noite de Carnota

Non é doalo disfrutalo. De feito, nos últimos anos apenas temos recollido imaxes do Mar de Ardora en nun San Xoán en Nemiña e no mar do Pindo. Esta fin de semana, Fins Eirexas conseguía rexustrar un novo episodio da Ardentía na praia de Carnota, un fenómeno natural espectacular.

Foi esta a pasada noite do sábado, arredor das 23:00h, cando se puido ver máis contra a zona de Caldebarcos, este efecto producido pola bioluminiscencia dunha “alga que se chama Noctiluca, que se ilumina como un mecanismo de defensa para evitar ser comida, pois así se un peixe a come iluminaráse e outro depredador máis grande o atoparía fácil para comelo el”, como nos explicaban dende 4gotas.

A foto, feita polo coñecido ambientalista, ademais deixa un ceo especial, cos planteas Saturno e Xúpiter alardeando entre as nubes baixas.

”Unha experiencia realmente única presenciar as olas do mar iluminadas de azul e xogar con efecto espectacular as túas pisadas pola area salpicadas desta cor máxica“, contan xentes da zona que disfrutaron, que contan como mesmo os cangarexos que collían na man estaban iluminados, e como as pintadas e pisadas na area quedaban brillantes.

A noite do domingo tamén se puido apreciar pero foi máis tirando cara a zona da Boca do Río.

 

Novas relacionadas

comentarios