Mar de Fábula e AliVava coordinan este xoves unha limpeza voluntaria da praia de Ardeleiro
Que marabilla cando os colectivos, entidades e persoas comprometidas da Costa da Morte se xuntan. Desta volta, Camelle e Lira únense a través dunha Limpeza colaborativa na praia de Ardeleiro, gracias á confluencia da Asociación Mar de Fábula, e as xentes de Ali Vava, arredor do proxecto Temporada de Mar.
Alicia e Sven, despois dos seus exitosos Mercadillos de regalar, farán de anfitrións, e Virxinia Barros e a familia de Mar de Fábula levarán todo o material para a limpeza, á que invitan a todo o mundo.
A cita de concienciación e acción medioambiental será este xoves 28 de novembro, a partir das 11:00h, na praia de Ardeleiro.
A efectos de cobertura de seguros é necesario que vos anotedes, por favor, con nome, apelidos e DNI no enderezo electrónico: [email protected] ou no teléfono 608609042. O operativo contará co apoio municipal.