Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Marta Capelán imparte unha charla sobre o cancro de Mama en Carnota

charla-dra-marta-capelan-meiga-do-mar-1 copia
Marta Capelán imparte unha charla sobre o cancro de Mama en Carnota

Un privilexio contar cunha oncóloga como Marta Capelán. Este venres 31 de maio ás 13.00 horas, a especialista en cancro de mama e experta en oncoloxía integradora, estará no Hotel Meiga do Mar, en Carnota.

Cunha carreira como oncóloga en hospitais de todo o mundo, está espallando a semente da oncoloxía integradora”. “Nesta charla vouvos transmitir os beneficios do meu método ADN-RESET, para acompañar a mulleres con cancro para mellorar os síntomas físicos e emocionais, os efectos secundarios e para reducir na medida do posible o risco de recidiva e progresión da enfermidade en combinación con o tratamento oncolóxico convencional”, explica.

Así, presentará o retiro 'A caricia da auga' que terá lugar do 27 ao 29 de setembro no Hotel Meiga do Mar Un retiro creado para facilitar que as mulleres con cancro poidan dar espazo e acoller as súas emocións a través da autoestima. coidado, tenrura e amor por un mesmo.

A conexión e apoio do grupo, a relaxación acuática e a integración do vivido no círculo feminino, xunto co poder curativo da natureza da Costa da Morte serán elementos fundamentais no retiro.

Comentarios