![A recadación obtida no Mercadiño Solidario entregouse onte]()
A recadación obtida no Mercadiño Solidario entregouse onte
Muros viviu, por décimo terceiro ano consecutivo, o
Mercadiño Solidario de Nadal, coorganizado polo concello de Muros, os centros de ensino do municipio e o centro ocupacional de Valadares. No evento, que tivo lugar o pasado venres, participaron os alumnos e as alumnas dos obradoiros municipais de arte floral, os alumnos das actividades extraescolares os usuarios do centro ocupacional de Valadares e todos os centros de ensino primario e infantil do municipio: CEIP plurilingüe de Louro, CEIP Ramón de Artaza, CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, Escola de Educación Infantil de Tal e Escola de Educación Infantil de Muros. Ademais participou o IES Fontexería montando un banco de alimentos e xoguetes no propio centro e tamén na praza do Mercado durante a celebración do Mercadiño solidario.
A recadación, que este ano superou os
900 € e a cifra acadada en edicións anteriores, xunto cos alimentos e xoguetes recibidos entregouselles a Cáritas de Muros e a Cáritas de Esteiro, a fin de que sexa destinada a axudar ás familias máis necesitadas do municipio nun acto que se celebrou onte no salón de plenos de Muros.
As actividades do nadal continúan hoxe en Muros co espectáculo "Orellas de Trapo" que terá lugar na axencia de lectura de Esteriro ás 17 horas. A programación continuará no auditorio do centro cultural muradán cun concerto da Escola de Música da vila e cun espectáculo de maxia-cómica, destinada ao público familiar, para as tardes do xoves e do sábado.
Carnota
![Finalistas do IX concurso de postais de nadal de Carnota]()
Finalistas do IX concurso de postais de nadal de Carnota
En Carnota tamén lle deron onte o pistoletazo de saída ás actividades deste Nadal. Fixérono coa entrega dos premios do
IX concurso de Postais de Nadal, no que participaron alumnas e alumnos de educación primaria e infantil dos centros educativos do municipio.
A postal presentada por Lúa Rico resultou ser a gañadora de entre todas as finalistas e empregarase como felicitación institucional do concello de Carnota.
Muxía
![programacion nadal muxia]()
A programación do nadal do concello de Muxía comeza este sábado. e rematará o 9 de xaneiro cun concerto de panxoliñas da man de varias corais. Así, a música, o teatro e a visita de Papa Noel e os Reis Magos serán o eixo central das actividades municipais.
Paralelamenteo ao do concello, a
asociación xuvenil Comarea de Muxía desenvolverá o seu programa de nadal que comeza o venres cunha partida de Póker Texas Hold’em que terá lugar no polideportivo de Muxía a partires das 22:00 horas. A programación continúa o luns, día 21, cunha actuación do mago e ilusionista Martín Camiña. O espectáculo terá lugar no Salón do voluntariado de Muxía ás 19:30 h. A entrada custa 1€ agás para os socios, que poden acceder ó recinto de forma gratuíta. O martes, 22 de decembro, ás 16:00 h. haberá un torneo de fútbol 3x3 dividido en dúas categorías. E por último, o mércores 23 tamén no polideportivo de Muxía, a partires das 17:00h, haberá outros torneo de Fifa 16 para PlayStation e PES 16.
A maiores detas, a organización organiza un concurso de postias e outro de fotografías.
Fisterra
![feira inverno fisterra]()
Dendo o próximo sábado e ata o 24 de decembro o mercado municipal de Fisterra acolle a
I Feira de Inverno. Haberá postos de artesanía, textil, complementos, pintura,... co fin de que os veciños e veciñas poidan realizar as súas compras de nadal na vila. O horario da feira é de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
IES de Baio
Os alumnos e alumnas do IES de Baio despiden dun xeito moi activo o primerio trimestre do presente curso académico. Ao longo de toda terán todo tipo de actividades que están abertas a toda a comunidade educativa. Durante toda a semana terán a oportunidade de visitar a mostra XX anos do asalto ao Castelo onde se recollen fotografías e carteis cedidas pola asociación vimiancesa Cherinkas.
Nos recreos, o alumnado terá a oportunidade de comer froita de balde grazas ao programa "Alimentos saudables" ao que está adscrito o centro baiés.
Xa o venres, pecharán o trimestre cos trucos e acrobacias que ofrece o mago Teto no seu espectáculo "Tolemaxias" e tamén terán a oportunidade de asistir ao circo novo de Jano Costas, "Sen medidas".
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)