Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Milucho Louro, candidato do BNG para relevar a Moncho Noceda na alcaldía de Carnota

Milucho Louro, candidato do BNG para relevar a Moncho Noceda na alcaldía de Carnota
Emilio Louro Milucho no Forum con Fresco y del mar Emilio Louro, Milucho, durante unhas xornadas gastronómicas coa súa firma Frescoydelmar

Novos movementos nas agrupacións locais de cara ás Eleccións Municipais de maio de 2019. Desta volta toca ir a Carnota, onde ao BNG tócalle, dende o poder, facer unha fonda transformación. Hai unhas semanas que o actual rexedor, Moncho Noceda, comunicaba á asemblea a súa intención de poñer fin á súa etapa na alcaldía de Carnota, ao atoparse xa preto da súa idade de xubilación, despois de 8 anos de goberno.

Unha Asemblea que propuxo o nome de Emilio Louro, coñecido como Milucho, como candidato á alcaldía. Este non dubidou en aceptar esta nova singradura en terra, despois de ser unhas das voces máis importantes do sector do mar de toda a bisbarra.

Milucho, natural de Lariño, de 52 anos, foi secretario da pioneira confraría de Lira e un dos grandes responsables da Reserva Mariña dos Miñarzos, un proxecto polémico na casa e un exemplo de sostibilidade no resto do mundo.

Comentarios