xoves. 23.01.2025
El tiempo

As mulleres pindexas seguen contando a historia salgada do Pindo

Audioguias da Confraria do pindo
Audioguias da Confraria do pindo
As mulleres pindexas seguen contando a historia salgada do Pindo

Creadas en 2020 no marco do proxecto “Contos do Mar”, as Audioguías da Confraría do Pindo seguen activas e moi vixentes.

Esta pasada fin de semana, seguindo co proxecto “Un Mar de Mulleres”, o pósito recuperaba as audiguías que fixeron “famosas” ás bravas mulleres pindexas. Unhas audioguías que parten dunha fermosa idea: que sexan as propias veciñas as que contan a historia da súa vila, do seu pobo.

Despois da primeira charla, máis institucional, celebrada en novembro, a Secretaria da Confraría Merche Díaz Mayán artellaba este pasado domingo, entre a misa e o vermú, unha nova sesión para recuperar e poñer en valor o legado de “Contos do Mar”.

Xornada de memoria na Confraria do Pindo

Merche e Fátima Rodríguez Figueiras, directora de Promove, a consultora especializada en desenvolvemento local que formou parte do proceso creativo das audioguías, fixeron un repaso daquel ano da pandemia no que se desenvolveu o proxecto. Dende a recollida do patrimonio inmaterial con ducias de mulleres pindexas como as Olga, María Paloma e Consuelo, que tamén participaron na xornada dominical aportando as súas lembranzas do proceso, ata as gravacións coa xente de Chévere.

Unha diversa vintena de persoas (dende as señoras de 80 anos, ata nenos de 13-14, con familias da comarca, da Barbanza e mesmo de Cáceres) puxeron os cascos e percorreron a vila escoitando as historias salgadas desta vila siingular.

Escoitando as audioguias da Confraria do Pindo
Percorrendo O Pindo coas audioguías

Máis actividades

A Confraría segue activa este Nadal cos obradoiros de “crebarte” con Alivava”, e en xaneiro volverá con máis actividades deste “Mar de Mulleres”.

Máis novas do proxecto

Comentarios