Martes. 19.03.2024
El tiempo

As "famosas" mulleres do Pindo protagonizaron as XV Xornadas de Pesca da Confraría

Audioguias do Pindo
As audioguías do Pindo feitas polas mulleres no proxecto Contos do Mar, centraron as xornadas
As "famosas" mulleres do Pindo protagonizaron as XV Xornadas de Pesca da Confraría

Sábado completo o vivido no Pindo. As Xornadas de Pesca da Confraría celebraban a súa 15ª edición poñendo en valor o patrimonio inmaterial do noso mar. E as protagonistas foron as mulleres do mar que formaron parte do proxecto Contos do Mar.

Xornadas Pindo

Unhas Xornadas ás que acodiu a xente de sempre, a xente que sempre queda encantada, con algunha que outra fichaxe, como a antropólola, Guadalupe Jiménez-Esquinas. Foi unha das poucas charlas técnicas da xornada, pero a armadanzas, a Secretaria do pósito, Merche Díaz Mallán, quedou moi satisfeita.

Pouco a pouco as bravas mulleres do Pindo, e tamén as chegadas en minibús dende Fisterra, foron tomando a palabra. Comezaron contando o traballo premio e acabaron facendo un debate que se alongou, ata as 14:30.... contando contando historias salgadas. Do "é que vou contar eu' co que sempre empezan estas mulleres, a horas e horas largando.

Unhas mulleres que se recoñecen "famosas", porque lle chamaban os netos dende o outro lado do Atlántico, polos vídeos que protagonizan do proxecto. É máis, é moita a xente do mar que pasa polo pósito a facer os cursillos, que para na exposición do proxecto, escanea o código Qr e ve o vídeo, e despois pregunta por elas. Uns tesouros para deixar esa parte da historia ás vindeiras xeracións.

Mulleres no Pindo
As mulleres do Pindo e Fisterra encheron o pósito

Despois do xantar, Xesús Ron, de Chévere, explicou como se realizaron as audioguías, antes de poñer os cascos e saír ás rúas da vila. A pesar do covid (varias mulleres de Quilmas...) unhas 40 persoas disfrutaron das historias contadas a través dos audios gravados no proxecto, nun reclamo turístico tremendamente interesante.

Audioguias no Pindo

Xa na recta final, tocaba recital poético, en clave máis feminina, con Ainhoa Conde, Nerea Cortés, Xaime Trillo, Tania Trigo e Xosé Iglesias.

As poetas deron paso ao concerto dos de sempre. Bieito e amigos xa veñen para quedar, e a súa actuación quedou tan curta que ata disfrutaron dunha noite de foliada no famoso Furancho de Quilmas.

Bieito e Amigos no Pindo
Bieito e Amigos

Ao final abriuse a degustación, que foi todo un éxito, con empanadas de berberechos, de pulpo, de atún, de algas... caramuxas, lapas, rodaballo, empanadillas, pizzas marineiras... E queimada, claro.

Mentres, continúan aínda algunhas as actividades rapazada que tiveron que ser adiadas polo mal tempo. Son case 20 os rapaces e rapazas da vila, do Ézaro, Cee..., que invitados polas súas avoas mariscadoras, están disfrutando deste programa de actividades mariñeiro.

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios