#8M: Axenda de actividades e accións na Costa da Morte
Levamos toda a semana xa en modo #8M aínda que en QPC a igualdade e feminismo son liñas transversais da nosa política editorial. Ademais de lermos o obrigado artigo da especiallista na materia Patricia Vaquero ("Que o 8M non sexa un paréntese"), queremos aproveitar e facer un repaso ás citas, sociais e municipais, arredor do Día Internacional da Muller.
As principais accións sociais
Como sempre destacamos as accións que organiza a sociedade civil, e na comarca hai tres nomes que destacan en cadansúa comarca: Sonlilá en Carnota-Muros; Buserana pola comarca de Fisterra; e Feminismo en pé en Bergantiños.

A Asociación Sonlilá leva toda a semana percorrendo os centros de ensino coas súas charlas formativas, pero o acto central, única cita da comarca enmarcada no programa da Marcha Mundial das Mulleres, será o sábado 7, con concentración ás 11:30h; na praza da Pedra e posterior Cadea de Mulleres na Praia de Carnota.
Xa o propio domingo 8 de marzo, pola mañá, a Asoc. Feminista Buserana aproveitará o mercado dominincal para poñer unha mesa informativa para toda a veciñanza. Ademais, o sábado 14 organiza a presentación literaria de “Arsínoe. Reina de Alejandría”, da man de Nieves García Centeno.
E por último, e tras unha das campañas máis interesantes do ano sobre os datos do mercado laboral, Feminismo en Pé estará na mañá do domingo na Praza do Recheo de Ponteceso dende as 10:30h.
Outras actividades municipais
En clave municipal ou provincial, hai variedade de actividades, destacando por exemplo o Concerto de De Vacas do sábado no Pazo da Cultura de Carballo, a exposición sobre a trata de mulleres que Mabel Lozano leva ao IES da Ponte do Porto, ou a exposición de Viki Rivadulla e as súas Mulleres Atlánticas en Vimianzo.
Deixámosvos a lista de programas municipais:















