Nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural
21:00 25/10/10
Se dende as administracións públicas non dan un paso máis para conseguir a catalogación do Monte Pindo como Parque Natural, é o pobo o que se pon en marcha.
Esta semana un grupo de persoas preocupadas polo devir do medio ambiente, e apaixoadas polo Monte Pindo, reuníronse para constituír formalmente a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Esta organización sen ánimo de lucro de carácter plural, nace a través dunha ampla Comisón Rectora na que asumen un papel moi destacado ata 11 vogalías territoriais para garantizar o trato directo con veciños e axentes sociais.
Poucas palabras poden expresar mellor as motivacións desta nova organización como as escollidas por Xilberto Caamaño (na foto) nada máis ser escollido presidente: "ningún galego entendería que a Catedral de Santiago estivese abandonada, ou queimara cada dez anos; pois o Monte Pindo é a nosa catedral".
A idea da entidade e seguir "promovendo figuras de desenvolvemento e protección que rematen co actual abandono dese espazo e o poña en valor". Fan fincapé no beneficio social e económico que pode resportar á zona a declaración, sobre todo pola incidencia no sectir turístico.
A entidade lamenta a decisión do pleno carnotán de non asinar oficialmente un documento de apoio á declaración presentada polo grupo de Galiza Nova.
Máis información e invitacións para facerse socio
A Asociación Monte Pindo Parque Natural invita a toda a poboación da bisbarra e de todo o país a asociarse por tan só 1€ ao mes. Porque o Monte Pindo, esta catedral natural de 300 millóns de anos cun pé no mar e outro na terra, da que todas e todos somos privilexiados posuidores e que tanto nos fai gozar ás persoas que nos confesamos súas amantes, tamén precisa da nosa axuda para frear a degradación e o abandono. Quen o desexe pode coñecer máis sobre a Asociación e afiliarse pode facelo na páxina:Novas relacionadas
- O BNG de Carnota pide aos grupos politicos que se volquen co Parque Natural Monte Pindo.
- Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo.
- A Costa da Morte debate sobre a creación do Parque Natural Monte Pindo.
- Propoñen a creación do Parque Natural Monte Pindo.
Máis información
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
- Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.