Nee Barros afondou sobre a Identidade trans co alumnado de Carnota
O alumnado do IES de Baio foi os primeiros en coñecelo. Esta semana foi o IES Lamas de Castelo (a través da Biblioteca Escolar do IES Lamas de Castelo e do Club de Lectura Feminismo e Identidade da mesma), co apoio loxístico do Concello de Carnota, o que artellaba unha conversa, Nee Barros, autor do libro “Identidade. A normalidade do non-común” (Galaxia).
O nove divulgadore, youtubeire e tuiteire afondou arredor da diversidade, a liberdade e a realidade trans, achegando unha realidade tremendamente necesaria que moitas veces se nos fai inxustificablemente allea nunha comarca como a nosa.
En primeiro lugar realizouse un encontro co alumnado do club de lectura, centrado no libro, que é unha obra de teatro escrita por Nee e sobre a que xa traballara o alumnado.
A continuación, todo o alumnado do centro educativo puido participar nunha charla-coloquio conducida polo autor, sobre identidades de xénero e a importancia da educación no respecto cara á diversidade.