Nee Barros leva a identidade como alicerce da convivencia ao IES
O IV Mes do Libro do IES Maximino Romero de Lema prosegue achegando coñecementos máis alá dos libros de texto para unha máis diversa formación do seu alumnado.
Esta semana xa pasaron polo centro a escritora Arantza Portabales, así como a nova revolución da rede galega, Nee Barros. O nove divulgadore, youtubeire e tuiteire, vén de publicar a súa segunda obra, Identidade. Trátase dunha obra de teatro, escrita xa cando tiña 14 anos, nun momento en que o pasou mal porque foi cando decidiu saír do armario como persoa trans e non tivo a aceptación que esperaba. Porque Nee fala tamén en primeira persoa. Naquela etapa sabía que era diferente pero non era capaz de nomealo porque non tiña as palabras.
Despois da presentación, Nee Barros comezou a súa intervención cun vídeo no aparece un neno ao que lle gusta poñer vestidos. Baixo este feito iniciou a reflexión en común animando á rapazada a dar a súa opinión sobre o contido visto, deixando claro que non hai interpretacións correctas nin incorrectas. A continuación ilustrou mediante unha presentación un percorrido de palabras ao redor do ‘trans’, unha serie de ferramentas destinadas a coñecérmonos. O alumnado puido achegarse a toda a riqueza conceptual e de termos que o mundo da identidade está construíndo ao redor de como nos sentimos nós mesmos e na nosa relación amorosa cos demais (sexo biolóxico, sexo asignado, identidade de xénero, orientación sexual, expresións de xénero, etc.).
Igualmente, falou da linguaxe inclusiva e da ‘creación’ de termos coma o pronome ‘elu’.
Arantza Portabales
Tamén pasou polo centro baiés a escritora Arantza Portables, co selibro na man A vida secreta de Úrsula Bas, unha A novela negra galega que está dentro do máis importante da Literatura Europea. O encontro serviu para coñecer de preto como é escribir unha novela, “un traballo creativo fermoso pero laborioso”, como os 20 meses que lle levou escribir esta obra.
Falouse tamén das redes sociais como “a praza do pobo, onde antes sucedía toda a vida en común”. Pero matizou que “non son malas mentres fagamos un bo uso. Como na vida real amosamos o bo de nós ou o que queremos ser”.