![obradoiro gastronomico lira]()
Xa vimos hai uns días o éxito que colleitaron os
obradoiros gastronómicos que celebrou a Confraría de Lira a pasada semana. Trátase dunha cita organizada pola Confraría de Pescadores da vila carnotá, co financiamento da Consellería do Mar e a colaboración de Fishernet.
Pois debido ao bo funcionamento dos obradoiros, a Confraría de Lira vai celebrar esta fin de semana unha edición especial dos mesmos para ofrecer a posibilidade de participar nestes ás persoas que, por mor do límite de prazas, quedaron excluídas na anterior ocasión. Desenvolveranse hoxe venres, 5 de agosto, de 19:00h a 21:00h, e mañá sábado 6 de agosto, de 12:00h a 14:00h.
Segundo contan dende a organización, o grao de aceptación dos participantes do primeiro obradoiro foi moi elevado. Todos valoraron moi positivamente a iniciativa da Confraría de Lira coa promoción dos produtos da reserva mariña de Os Miñarzos.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de Emilio Louro Milucho.