Novidades para o repóker de Festivais do verán costeiro
15:15 06/04/16
Xa están dando pasos cara adiante os organizadores do repóker de festivais estivais máis importantes da Costa da Morte. Xa temos recordado os primeiros e impresionantes nomes do V de Valarés, e tamén as datas e as primeiras bandas do Castelo Rock de Muros, e hoxe repasamos as últimas novidades do Nordestazo, da Carballeira e do Asalto ao Castelo de Vimianzo, dos que xa están as entradas a venda.
Heavy na Carballeira?
Saltaba á voz pública que será Mago de Oz unha das grandes bandas que estarán na Festa da Carballeira 2016, que este ano se celebrará os 5 e 6 de agosto na Carballeira de Velar. Pero ollo, que parece que os tremendamente orixinais Steve'n'Seagulls, poderán facer vibrar aos máis cañeros da bisbarra con esta singular versión de Thunderstruck: [fbvideo link="https://www.facebook.com/festadacarballeira/videos/10153840039550081/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]Marky Ramone en Malpcia
Nada menos que Marky Ramone, o batería da mítica banda neoiorquina, estará no Nordestazo Rock de Malpica 2016. O 30 de xullo, Malpica non parará de saltar argumentando que “Somebody put something in my drink”, ou o "I want my beer". [fbvideo link="https://www.facebook.com/OfficialMarkyRamone/videos/10153992973486337/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]Celtas Cortos para Asaltar o Castelo
Celtas Cortos celebrarán os seus 30 anos no XXI Asalto ao Castelo. A banda de Valladolid chega con forza para lembrar os seus míticos temas, pasando polo “Cuéntame un cuento” ou o “Tranquilo Majete”. Ademais, a representación teatral xa ten nome, Melodrama, e os cantantes (pis este ano as cancións da obra teatral gravaranse en estudio) como son Andrea Rodríguez, Adrián Lema, Frank Barcia, Tania Caamaño e Irene Moledo. Aínda está pendente o casting de actores para a representación artellada por Ghillermo, que simboliza o gran punto diferenciador desta festa singular. Aaaa, e atentos veciños da comarca que a Trubisquiña busca asaltantes para as Irmadades Parroquiais.Nova data do Festival de Carnota
Nova data para o Festvail Vindemo Ver de Carnota Tivo que ser suspdendido por mor do tempo o festival rock da Mostra de Promoción Local Víndemo Ver de Carnota. Pero xa temos nova data para cando varias bandas da zona farán as delicias dos amantes da mñusica cañera. Será o sábado 23 de abril na praza de Carnota a partir das 22:00h. Animal Soul, Alan Acoustic Project e Os Desterrados serán os protagonistas. Estes son Animal Soul Band: [fbvideo link="https://www.facebook.com/animalsoul.rockband/videos/511257452400926/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]O Rockin Praza xa ten data
O venres 17 de xuño será finalmente o Rockin Praza de Carballo, unha das citas que abre o telón da tempada. O Rego da Balsa acollerá unha nova edición deste festival polo que xa pasaron bandas como The Trashmen, Chesterfield Kings, Roy Loney, Barrence Whitfield, Os Straitjackets, Sex Museum, Os Coroas, Dr. Explosión? como sempre, a entrada será gratuita.Novas relacionadas
- 2016: Kula Shaker, por fin a Valarés.
- 2016: Comezan a soar as bandas do Castelo Rock 2016.
- 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- 2015: 2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés.
- 2015: O Nordestazo Rock pode coas adversidades.
- 2013: 30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).