Martes. 06.12.2022
El tiempo

Novo incendio dunha vivenda en Carnota

Novo incendio dunha vivenda en Carnota

Dende o pasado mes de decembro temos contabilizado ata 6 episodios de intoxicacións por incendios en vivendas ou semellantes na bisbarra. Familias de Muxía, Ponte do Porto, Panchés ou Carballo teñen sufrido episodios con diferentes consecuencias.

O último acontecía esta mañá de luns 8 de xaneiro ás 11:00h no lugar de Peralbar, en San Mamede (Carnota). Un particular informaba ao 112 dun incendio nunha habitación da súa vivenda. Os habitantes conseguían saír sen problema pero a habitación da última planta dunha vivenda unifamiliar de 3 pisos, e que daba á estrada principal, estaba queimándose. Prendera un armario que estaba pegado á parede pola cal pasa un tubo da cheminea situada na cociña, na planta baixa.

Os propietarios conseguuiran apagar o lume, e sacaban os restos de roupa e papeis que arderon dentro do armario. Os Bombeiros de Cee, (sen camión de altura…) chegaron só para comprobar as temperaturas coa cámara térmica ata comprobar que non había perigo.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios