O BNG carnotán defende que os despedimentos xa lle permiten aforrar ao Concello

Analizábamos a comezos de mes, con datos do Concello e dos afectados, cuan caros puideron ter sido os 6 polémicos despedimentos no Concello de Carnota. Esta semana, o BNG local envía un informe completo, co que quere “demontar as mentiras laborais do PP e PSOE” tralas críticas dos partidos da oposición sobre o asunto. Os grupos sinalan que “a redución de plantilla desenvolta polo goberno local para axustar o personal municipal custou ás arcas de Carnota varios centos de miles de euros”.

Así, segundo o BNG local, “as cifras demostran que a día de hoxe o Concello xa conseguiu aforrar 32.500 euros coa medida de redución do persoal”, concretando cal foi o custe real para o concello da opción finalmente executada (cifras salientadas en negriña), con respecto á outra opción das posibles. “Os datos detallados non os podemos publicar”, aseguran, “pero están a disposición de quen queira consultalos nas dependencias municipais”.

Valoran que “este aforro seguirá incrementándose cada mes que pasa, e servirá para que Carnota atenda os seus compromisos coa veciñanza sen que esta percibira unha merma na calidade e cantidade dos servizos que se lles presta, ao mesmo tempo que se foron saldando as débedas cos proveedores e saneando pouco a pouco a situación económica xeral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Carnota.