Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os traballadores readmitidos no Concello de Carnota denuncian que seguen presionados

Os traballadores readmitidos no Concello de Carnota denuncian que seguen presionados
Concello de Carnota

Toca volver a falar hoxe do polémico asunto dos despedimentos no Concello de Carnota. Despois da declaración nula de varios dos despedimentos, e das explicacións do Concello, acusando ao PP, hoxe son os sindicatos UGT e CCOO o que nos traen a visión dos traballadores afectados.

I é que finalmente, as sentenzas xudiciais botaron abaixo os 6 despedimentos, “quedando acreditado”, segundo os sindicatos, “que ningún dos seis despidos foi obxetivo por causas económicas”. “Tamén nas cartas de despido, déronse indicios de vulneración de dereitos fundamentais, menoscabando a acción sindical do delegado de CCOO”, sinalan.

O caso é que unha vez incorporados estes traballadores ó seu posto, os representantes sindicais destes 6 traballadores denuncian que “seguen sendo presionados polo Alcalde de xeito que lles impide desenvolver o seu traballo de forma profesional”. E aproveitan para criticar que “para o Alcalde resulta fácil pagar indemnizacións cuantiosas e minutas a avogados externos cos cartos dos cidadáns de Carnota”, considerando que se trata dun “malgasto”.

Dende CCOO e UGT piden ao rexedor de Carnota que “medite en cal é a súa función neste Concello, e os traballadores a organizarse e unirse para defenderse de verdadeiros abusos de poder”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • María Duro responsable da Administración local de CCOO no Barbanza e Luis Manuel Baneira Gómez, Secretario de política sindical de la Comisión Executiva da FSP-UGT de Galicia.

Comentarios