Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Concello carnotán asegura que a única sentenza firme contra os despedimentos é a que implica ao PP por prevaricación

O Concello carnotán asegura que a única sentenza firme contra os despedimentos é a que implica ao PP por prevaricación
Escudo do Concello de Carnota

Mentres o paso polos Xulgados dos representantes do PP local invaden a actualidade municipal do Concello de Carnota, o asunto dos 6 polémicos despedimentos do verán pasado segue sendo un dos temas de debate. Hoxe é o propio Concello de Carnota o que nos envía un documento analizando as diversas resolucións xudiciais da xurisdición laboral que se teñen dado nos últimos meses aredor do asunto.

Se ben xa informamos de as sentenzas en contra 3 dos 6 despedimentos, o alcalde de Carnota quere manifestar que “só hai unha sentenza firme de readmisión”, por nulidade de despido “por se tratar dunha persoa que no momento daquela medida disfrutaba de redución de xornada por coidado de fillo menor” e “non porque foxe obxecto de persecución ou discriminación política, como se declara en primeira instancia”.
Explica aquí o Concello que ademais este é o caso precisamente polo que Marisol Piñeiro e José Oreiro terán que pasar polos Xulgados de Muros por prevaricación, criticando que foi unha “contratación a dedo” cobrando un soldo de 3.000€ brutos ao mes, “superior ao da totalidade dos traballadores da Corporación coa excepción do secretario- interventor”.

Deste xeito, dende o Concello de Carnota queren manifestar que as cantidades das que se están a falar en clave de indenmizacións “non son reais”, posto que “non hai máis sentenzas en firme” que a devandita da técnica urbanística.

Afirman dende o Concello que “no tocante aos acordos económicos que o concello asinou con algún dos afectados polos despidos, indicar que dito acordo é un termino medio entre a cantidade que o Concello debería de pagar se se declarase improcedentes e a cantidade resultante da declaración de procedencia dos mesmos”. E ademais negan que “exista sentenza algunha na que se declare que existiu discriminación sindical, senón que esa nulidade foi declarada porque a xulgadora considerou que a traballadora afectada tiña un dereito de permanencia (por ser membro do comité de empresa) sobre calquer outro traballador do Concello”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios