Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Carnota clarexa a críticas de Tomás Freire e loita contra a Lei de Augas polas parroquias

O BNG de Carnota clarexa a críticas de Tomás Freire e loita contra a Lei de Augas polas parroquias
Sae hoxe á voz pública o BNG de Carnota, para clarexar as últimas declaracións emitidas á prensa polo ex-militante do BNG de Carnota, Tomás Freire. Apunta Moncho Noceda, o novo candidato do grupo ás municipais que precisamente "no BNG de Carnota abordouse un proceso de primarias, garantía de democracia interna nos partidos. A dito proceso asistiron dous observadores da Nacional e da Comarcal que poden acreditar o bo discurrir e transparenza do proceso. Presentados dous candidatos venceu Ramón Noceda Caamaño unhas votacións que se desenvolveron sen un só incidente". Deste xeito, "a organización agradece a Tomás Freire todo o seu esforzo e traballo desenvolvido ao longo destes anos e lamenta a súa baixa na organización, desexándolle sorte no futuro". Así e ollando ao futuro, apunta que "non é certo que haxa crisis de ningún tipo na nosa organización, e adiantar que a vindeira fin de semana o conxunto da militancia do BNG de Carnota aprobará en asemblea local un pronunciamento oficial a respecto dos últimos acontecementos".

Lei de augas polas parroquias

Ademais, e como fai o BNG fisterrán, o grupo carnotán vai explicar a Lei de Augas en todas as parroquias, comezando este domingo no Viso. A cita será o domingo 12 de decembro, ás 17:00 horas no Campo do Viso (San Mamede), a explicar por todas as parroquias do municipio as consecuencias da Lei de Augas impulsada polo Partido Popular na Xunta de Galicia, que suporá cambios como que se pasarán a tarificar a auga de traídas e pozos particulares ao mesmo custo que o do servizo municipal. A esta acción social e informativa do BNG unirase a acción institucional, mediante unha Moción presentada no Concello de Carnota no sentido de que a Corporación inste á Xunta a retirar un cánon que vai supoñer, unha vez máis, un duro golpe ao noso territorio, e dentro del, aos colectivos máis desfavorecidos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios