Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG lembra no Parlamento os 10 anos de retraso das obras de saneamento que afectan ao Pindo

O BNG lembra no Parlamento os 10 anos de retraso das obras de saneamento que afectan ao Pindo
Asi esta o colector do Pindo que verte directamente ao mar Así segue esta o colector do Pindo que verte directamente ao mar

Volveu o caso do saneamento do Pindo ao Parlamento. Desta volta, despois da evasión de responsabilidades da Xunta a unha pregunta do PSdG, foi o portavoz parlamentario de infraestruturas do BNG, Luís Bará, o que reclamou na Cámara que a Xunta entregue de inmediato ao concello de Carnota as obras da rede de saneamento do lugar do Pindo, feitas as reparacións oportunas no caso de que os anos de retraso provocaran desperfectos e infiltracións de augas mariñas na infraestrutura.

Bará fixo referencia ao longo retraso acumulado nas obras de saneamento na localidade do Pindo, o que deriva nun problema de saúde pública, ambiental e mesmo de imaxe nun municipio turístico. Desde 2005 en que se redactou o proxecto para mellorar a rede de saneamento, as obras foron un suma e segue de obstáculos e problemas, mesmo coa creba da empresa contratada. O proxecto de saneamento do Ézaro e do Pindo está licitado por Augas de Galiza desde 2008.

A día de hoxe e, seis meses despois da última data prevista para a finalización das obras, estas seguen sen terse entregado ao Concello, para que desde a corporación municipal que preside o rexedor Ramón Noceda “se poda comezar a enganchar os domicilios particulares e os puntos de vertido problemáticos”, tendo en conta as graves afectacións mesmo a lugares referencias do municipio como a Praia de San Pedro.

O caso de Lariño

Ao mesmo tempo, o deputado nacionalista tamén demandou que se axilice o proxecto para a dotación da rede de saneamento no lugar de Lariño.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios