Martes. 17.09.2024
El tiempo

O concello de Carnota pon en marcha un banco de leña

O concello de Carnota pon en marcha un banco de leña
carnota banco lena O banco de leña facilitará madeira á veciñanza de Carnota en risco de pobreza enerxética O concello de Carnota acaba de poñer en marcha un banco de leña, unha pioneira iniciativa mediante a cal se facilitará á veciñanza en risco de pobreza enerxética madeira gratis coa que quencer os seus fogares nestas datas de frío. A campaña, que xa foi anunciada no programa electoral nacionalista, revelouse agora absolutamente necesaria por mor das baixas temperaturas, que foron aproveitadas polas compañías eléctricas para aprobar unha suba completamente abusiva da tarifa eléctrica, "con impunidade absoluta e a total condescendencia dos gobernos do Partido Popular", indican dende o goberno local. Coa posta en marcha desta medida o goberno local agarda paliar o efecto que estas subas puideran provocar á veciñanza que xa o está a pasar mal e que poida ver as súas circunstancias incluso agravadas. Beneficiarios O goberno xa adoptou as medidas necesarias para regular este novo servizo que Carnota comezará á prestar á súa veciñanza de inmediato. As persoas que reúnan os requisitos socioeconómicos poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais a partir da publicación do bando para solicitar beneficiarse desta iniciativa pioneira en Galiza, e que o goberno municipal agarda que axiña se faga extensivo a outros municipios para combatir a pobreza enerxética desde a institución máis próxima ao pobo. Así, o concello fai un chamamento a Comunidades de Montes e demais entidades sociais e veciñais para que colaboren coa medida e contribúan a erradicar a pobreza enerxética. Fonte

Comentarios