![Correndo a 5k de Razo-Foto-Os Muditos]()
Un atleta na carreira 5k de Razo-Foto-Os Muditos
Verán completo en materia de atletismo e natación na Costa da Morte- Esta fin de semana vivíronse 3 probas (dúas sobhre area, as de Carnota e Razo, e unha sobre a auga de Muros) e a bisbarra prepárase para novas e esixentes probas en Corcubión e Vimianzo.
Carreira das Areas de Carnota
![Carreira das Areas de Carnota 2018-Foto-Todorun]()
Carreira das Areas de Carnota 2018-Foto-Todorun
A 27ª edición Carreira das Areas de Carnota celebrouse este sábado coa mellor participación da súa historia. Máis de 600 participantes deixando unha fermosa serpe de atletas polo areal. E iso que correr sobre area non é doado, e coa calor que había… pero menos mal que axudaron os Bombeiros con mangueirazos para refrescar aos participantes.
A dura proba só foi completada por 227 participantes, sendo os campións Toño Teijido e a mazaricá Rocío Alvite.
https://www.facebook.com/concellodecarnota/videos/944680042406549/?t=6
VI Travesía Illa da Creba
![Travesia Illa da Creba de Esteiro 2018]()
Ambientazo na Travesia Illa da Creba de Esteiro 2018
Os Salta Rejos organizaban este pasado sábado a Travesía Illa da Creba. No porto de Esteiro púidose ver a grandes nadadores/as, e a xornada completou coa posibilidade de comer e disfrutar do ambiente. Moita satisfacción ademais entre entre participantes, espectadores e colaboradores da Travesía pola boa organización, e coas praias ateigadas de público, e un nordés que non foi quen de parar aos valentes, a proba desenvolveuse cun grandísimo nivel.
Foron 93 os participantes que remataron a proba dos 6km, e outros 50 os que remataron a de 2 km.O gañador da prona absoluta foi Kimbo Vallejo, do Grupo de Cultura Covadonga, e nadador nada menos que olímpico, por diante do arteixán Manuel Regueiro e do santiagués David Rodríguez. Manuel Abuín foi o campión da proba e 2k. Uxía Barreiro do natación Riveira gañou nos 2000 (27:16) categoría feminina e Elisa Pichel do A.D Fogar (01:26:43) como primeira muller na Volta a Creba. Ademais, Nicolás Vázquez foi o campión en categoría infantil.
Os primeiros locais foron Juán Martínez, "Murray" en 6000 e Noly Torea e Pardelo en 2000m. Daniela Rama e Anxo Olveira foron os primeiros do concello en chegar a meta en categoría infantil.
![Travesia Illa da Creba de Esteiro 2018 2]()
Aí queda o vídeo coas fotos de Elvira Martín Carmona:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/elvira.martincarmona/videos/10212555461903865/?t=10" width="800" height="400" onlyvideo="1"]
5 K de Razo
![Carreira dos 5km en Razo]()
Os Muditos armaron a carreira dos 5K de Razo, con máis de 200 inscritos. O campión final foi o camariñán Francisco Pais, de Triatlón Costa da Morte, por diante de César Rdguez. Ventureira de Arteixo e do carballés José Antonio Señarís.
![]()
Gran ambiente en Razo
5k en Vimianzo
O pasado venres tivo lugar a presentación do Campionato Galego 5K que se desenvolverá en Vimianzo o vindeiro 2 de setembro.
Carreira Popular de Corcubión
A seguinte proba do Circuito Correndo pola Costa da Morte será en Corcubión o vindeiro 15 de setembto. Dende este luns 27 de agosto xa se poden facer as inscricións en
championchipnorte.com.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/un-comic-para-dinamizar-o-ultra-trail-costa-da-morte/
https://quepasanacosta.gal/o-atleta-cees-elian-numa-prata-no-campionato-de-espana-sub-20-quedou-a-7-decimas-do-mundial/