O futuro da Reserva Mariña dos Miñarzos chega ao Parlamento


A instancias do BNG carnotán, o parlamentario nacionalista Bieito Lobeira rexistrou varias iniciativas coas que preguntará ao Goberno galego se existe a previsión de articular unha formula que garanta a estabilidade financeira da Reserva Mariña “Os Miñarzos” de Lira.
A proposta chegou ao Parlamento tralos complicados momentos vividos na confraría liracha durante uns días, cando remataba a concesión de vixilancia e mentres que a Xunta non renovou un contrato.
Dende o BNG carnotán láianse de que só "a presión veciñal e política conseguiu que o servizo de vixilancia siga de momento".
Lobeira xustifica as preguntas que formulará ao Goberno na necesidade de preservar unha reserva mariñá de interese pesqueiro non litoral de Lira e creada por lei no ano 2007. Lobeira subliña que a reserva mariña “Os Miñarzos” é un proxecto “indispensable” para a protección de recursos pesqueiros e marisqueiros “punteiro” ambientalmante e de gran valor para o desenvolvemento económica e xeración de postos de traballo.
Ademais, Lobeira fixo unha comparación entre o pouco apoio da Xunta a esta iniciativa e a actutide para coas /articulo/muros/aproveitan-a-noite-para-instalar-as-xaulas-de-salmon-na-ria-de-muros/20110325101700067424.html">xaulas de salón nas augas da ría de Muros, onde aproveitaron a noite para instalalas para evitar o rexeitamento do sector.
Reformas en Portocubelo
Entrementres a Xunta, a través de Portos de Galicia, prevé o inicio inminente das obras de pavimentación con formigón da rampla de varada do porto de Portocubelo. De feito, agardan só o cese da choiva para dar comezo ás mesmas.
Serán 58.600 euros de investimento e a actuación virá a reparar a deficiente situación actual de esta dotación, respondendo as necesidades dos usuarios.
Novas relacionadas
- Lira rinde homenaxe ao patrón.
- Mar resolve o problema da vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos.
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
- Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.