Lira rinde homenaxe ao patrón


Juan Manuel Gómez Leis verá recoñecido o seu traballo como Patrón Maior da Confraría de Lira durante o período comprendido entre o 1997 e o 2010 no homenaxe que lle tributarán mariñeiros e amigos en Lira o vindeiro 16 de abril.
Durante os 13 anos ao fronte da confraría de Lira JUan Manuel realizou un labor meritoria e que vai ser reccoñecida polo sector pesqueiro e polos veciños de Lira e amigos. Entre os logros consequidos pódense citar obras tan importantes como a prolongación do dique de abrigo, a construcción da nova lonxa, a construcción dos departamentos de usuarios e dependencias da confraría, da nave de comercialización.
Durante este periodo tamén se consigueu servizos tan importantes como o surtidor de combustible, cámaras frigoríficas, depósitos para estabulación de marisco e servizo de sublift (varada de embarcacións). Ademáis tamén se puxeron en marcha iniciativas que resultaron innovadoras como o Proxecto Mardelira, que integraba actividades de Turismo Mariñeiro, e actividades de divulgación entre os escolares e de posta en valor do patrimonio pesqueiro. Asimesmo xestouse a idea de creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Coxestionada "Os Miñarzos" que resultou ser a primeira reserva en aprobarse no litoral galego. Tamén se intentou mellorar a comercialización coa participación na empresa de comercialización directa que nun primeiro momento tivo unha importante proxección e presenza na lonxa de Lira. Durante este período participouse en distintos proxectos europeos como IMEC, SEREA e na actualidade FISHERNET.
A dilatada actividade nos últimos anos fixo que a confraría tivese unha amplísima presencia en medios de comunicación, tanto en prensa, radio como televisión, tanto a nivel nacional como internacional, mesmo se ten realizado documentais para televisións de distintos países algúns tan exóticos como Japón (neste caso en 2 ocasións).
Algún dos proxectos foron replicados en distintos puntos do litoral galego e mesmo a nivel nacional.
Inscrición
Xa se poden inscribir no 981 76 12 52 ou 635 60 00 76 antes do 8 de abril. O xantar custa 35€.
Novas relacionadas
- Entrevista con Juan Manuel Gómez Leis "Na Reserva Mariña estamos notando un 80% de aumento da produción de percebe".
- Mar resolve o problema da vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos.
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
Máis novas
- A Reserva Mariña de Lira protagonista en toda suramérica.
- O Campionato Cazafotsub recolle as imaxes submariñas máis impactantes dos Miñarzos.
- Italia saborea os tesouros do mar de Lira.
- Un estudio de futuro sobre a Área Protexida dos Miñarzos .
- Os Miñarzos, o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena.
- O futuro da pesca: Un exemplo dende Lira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).