Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O Lira CF quere recuperar Portocubelo coa axuda da FGF

O Lira CF quere recuperar Portocubelo coa axuda da FGF
Cabalos pacen en PortocubeloCabalos pacen en Portocubelo Os cabalos, ademais da Rubitiña, tamén pacen en Portocubelo

Pois non. Non só a Rubitiña se desmarca pola banda de Portocubelo. Tamén os cabalos lirachos pacen a gusto a herba do esquecido campo de fútbol de Lira. Un campo que pode volver a vivir grandes tardes de deporte gracias a vontade da Federación Galega de Fútbol e da súa liña de axudas. Unha axudas abertas a toda Galicia, mediante a cal a entidade federativa asume a realización e a financiación do proxecto constructivo da obra, para que despois poidan ser outras administracións as que asuman o custe da propia obra.

Rafael Louzan co alcalde de Carnota e os responsables do Lira CF Rafael Louzán, en Portocubelo co alcalde de Carnota e os responsables do Lira CF

Así llo explicou este mesmo venres o presidente da FGF, Rafael Louzán, ao alcalde de Carnota, Ramón Noceda, e os responsables do club, promotores da idea que contan ademais co apoio municipal. O presidente, noutra nova visita aos campos da zona, despois de facelo esta mesma semana a Fontenla, puido ademais felicitar á familia liracha polo ascenso.

Lembrou, iso si, que nes caso falamos dun espazo singular. Falamos dunha instalación ubicada nunha paraxe espectacular, ao carón do Faro, polo que primeiro é necesario falar con Costas para coñecer a viabilidade dun proxecto de reforma para recuperar o querido campo da parroquia de Lira.

Reportaxe dos campos esquecidos da Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios