![miradoiro-louredo-carnota]()
O miradoiro de Louredo é un dos principais atractivos turísticos de Carnota
O concello de Carnota vén de rematar as obras de mellora e acondicionamento do
miradoiro de Louredo; un dos puntos turísticos máis frecuentados do municipio.
Baixo o lema
"Arte e natureza nun espazo con vistas ao mar en Carnota" o novo espazo inclúe unha zona de merendeiro, paneis informativos e outros elementos artísticos. Dende aquí, divísase a praia de Carnota, a Boca do Río e as marismas de Caldebarcos, ademais do Monte Pindo á dereita e Fisterra ao fondo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carnota