Quilmas continúa loitando contra a piscifactoría cun Mercado Ecolóxico


Esta semana a Xunta abría de novo ás portas ás piscifactorías nas zonas protexidas. Unha das zonas que poderá ser afectada é a de Quilmas. I é que a Xunta non eliminou do novo Plan Acuícola o proxecto de Ampliación da Piscifactoría de Stolt Sea Farm a pesar de que o rexeitamento social fora igual ao demostrado en Seiruga (Malpica), Camelle (Camariñas) ou Merexo (Muxía).
Entrementres, por Quilmas continúan coa revolución do sacho, e apostan pola agricultura ecolóxico como desenvolvemento sostible para a zona. De feito, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, prepara xa o Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai terá lugar o sábado 16 de xullo durante todo o día.
A cita terá ademais diversas actividades simultáneas, pero o principal é que haberá unha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, así coma de música e gastronomía todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan...e a desfrutan e protexen.
Tamén o mercado basea a súa existencia na autohomenaxe á loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.
O mercado terá un ambiente festivo e que servirá para que tod@s disfrutedes do Lugar, do seu patrimonio (cabaceiras, muíños, praias, agras e rotas polo monte) e das xentes e a realidade que se está vivir aló.
Máis información
- Contactos para expositores ou visitantes:
- casadareinalupa@hotmail.com;
- 697 364 124; - 981 760 227.
Novas relacionadas
- Quilmas: O pobo que quere trigo e non rodaballo .
- Repaso ao Proxecto da Piscifactoría de Quilmas.
- Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías
- A Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas de Rede Natura.
- A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán.
- A Xunta cambia Touriñán por Merexo, Camelle e Seiruga .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).