O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte


Completísimo o III Encontro Monte Pindo que organizou a A.D.R. C. Pedramar, do Pindo. Unhas xornadas que teñen como obxectivo principal a recuperación do patrimonio do Olimpo Celta, e que mellor que achegándoo á sociedade.
A fin de semana tivo de todo. Charlas, música, ruta polo monte, ruta polo mar, carreira, xantar en familia... E sempre co Monte Pindo como denomiador común.

Foi Tito Concheiro (Felipe Senén deuse de baixa a última hora) que abriu as xornadas o vernes cunha charla sobre os castros da Costa da Morte. De seguido a música e a gastronomía tomaron o relevo da historia para deixar unha noite de festa.

Pero non moita, porque o sábado pola mañá tocaba roteiro ata a Moa. Espectacular a acollida do público, sendo máis de 150 persoas as que percorreron o monte polos seus sendeiros, descubrindo paraxes e pedras con vida propia. A Cova da Xoana quitou o alento á boa parte dos camiñantes.


Igual de multitudinaria foi a carreira dominical da Trail Galicia Máxica. Todo un éxito ademais entre os tamén máis de 100 corredores que a catalogaron de "espectacular, tanto pola complexidáde como pola beleza da paisaxe, a organización...", comentaba algún dos participantes. 12 quilómetros polo medio das rochas dan conta da dificultade da carreira.

Sesión de entrega de trofeos e algo de música para amenizar a sardiñada e a queimada.
Para o domingo quedaba pendente outra ruta. Esta por mar, a bordo do María Elena do Cruceros Fisterra. Unhas 25 persoas subiron a bordo para disfrutar das vistas do Olimpo Celta dende o mar, e para coñecer de preto os segredos das Illas Lobeiras. Á volta, paso pola Fervenza do Ézaro, e un xantar de despedida moi emotivo na carpa aberta para o Encontro.





Trial Galicia Máxica polo Monte Pindo
Novas relacionadas
- II Encontro Monte Pindo: A Pedramar achegou o Monte ao Pindo .
Máis novas relacionadas
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.
Máis novas
- Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas de Pesca “Amar o mar”: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
- O Carballo anano do Monte Pindo entra no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
- A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine.
- Quilmas continúa loitando contra a piscifactoría cun Mercado Ecolóxico.
- O veleiro máis luxoso do mundo paseou polas faldas do Olimpo Celta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gomez e de Joaquín Pais Piñeiro.