Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Monte Pindo xa ten a súa vasilla campaniforme

O Monte Pindo xa ten a súa vasilla campaniforme
Vidal Romani e o ceramista Manuel Miranda reproduciron a vasilla tras os restos que apareceron fai oito anos no Monte Pindo Vidal Romaní e o ceramista Manuel Miranda reproduciron a vasilla a raíz dos restos que apareceron fai oito anos no Monte Pindo A entidade Monte Pindo Parque Natural acaba de sacar a luz a primeira fornada da reprodución da vasilla campaniforme que alguén depositou nunha cova do Monte Pindo hai 6.000 mil anos. O profesor Xoán Ramón Vidal Romaní e o ceramista lucense Manuel Miranda veñen de materializar a reprodución da vasilla campaniforme neolítica, datada por termoluminiscencia en 7.050 (máis ou menos 860) anos, e cuxos restos apareceron durante unha excursión hai xa oito anos do propio profesor e o clube espeleolóxico Maúxo nunha cova do Monte Pindo, entre outras pezas cerámicas que están depositadas fóra do espazo visitábel do museo Arqueolóxico da Coruña. Trátase dos restos arqueolóxicos máis antigos descubertos no Monte Pindo ata o momento que confirmaría a presenza humana nas grotas do Olimpo Celta cando menos desde a época do neolítico. Un dos restos mellor conservados e máis interesantes consiste no labio dunha vasilla cerámica decorada de tipo campaniforme, estilo que definiu toda unha cultura dentro do Neolítico, e que xa foi datada entre 6 e 8 mil anos de antigüidade polo método da termoluminiscencia (TL) no Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, cuxos resultados publicaron no traballo "Datación por termoluminiscencia de cerámicas de cuevas y cavidades graníticas en el NW de la Península Ibérica", que demostraba ademais que o Monte Pindo estivo habitado case continuamente. Esta sería a primeira cova granítica da provincia da Coruña cun xacemento arqueolóxico. Agora, a reprodución do aspecto que puido ter orixinalmente a vasilla realizouse grazas ás proxeccións de Vidal Romaní e do ceramista Manuel Miranda, que asumiron o reto de devolver á vida un anaco importante da Historia máis remota. Ademais, á vista do interese xerado pola reprodución nas redes sociais, a asociación Monte Pindo puxo á venda unha parte desta primeira fornada.

Máis novas do Monte Pindo

Fonte

Comentarios