O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca
Chega o verán e Carnota énchese de actividades. Se xa ollamos o programa do III Encontro Monte Pindo, hoxe baixamos da Moa á vila para intentar aprender a amar o noso mar.
I é que como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas VI Xornadas de Pesca Pindo Mariño, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.
Variedade de actividades
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.
Programa
Podes descargar o programa das VI xornadas na seguinte ligazón:
Inscriscións
Se estas interesado en asistir ás xornadas, inscribete antes do 15 de xuño na confraría a través do teléfono 981 76 48 15 ou enviando un email a [email protected].
A inscripción é gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición e 60€ a inscrición con aloxamento (venres e sábado).
Novas relacionadas
- O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro.
- ASOAR-ARMEGA segue levando o mar ás Escolas.
- O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo.
- V Xornadas de Pesca Pindo Mariño: As baleas tomaron O Pindo .
- IV Xornadas de Pesca: A vida volta ao mar dende O Pindo.
- O Pindo Mariño abre as súas portas para escolas e público en xeral.
- QUE PASOU NA COSTA: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.