Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro

O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro

Un ano máis a Asociación Pedramar do Pindo invítanos a participar no Encontro Monte Pindo. Unha "experiencia única, relaxante, emotiva, necesaria para o ben estar do noso particular imperio dos sentidos". Unha experiencia que ademais nos permite coñecer o valor dun nosos tesouros naturais e patrimoniais máis representantivos da Costa da Morte: o olimpo celta do Monte Pindo.

Este ano a entidade carnotá conta coa colaboración do Concello, e de varias entidades polo que o programa abarca moitas cousas. Sendeirismo, historia, música e gastronomía da zona" serán as protagonistas. Haberá carreira, haberá folk, haberá comida, haberá ruta (polo monte arriba e pola ría abaixo).... Todo para saborear esta paraxe única.

A cita será os 8, 9 e 10 de xullo, e todos estades invitados.

Programa do III Encontro Monte Pindo

Venres 08 de xullo:

  • Inauguración ás 19:00h no local da asociación A.D.R.C. PEDRAMAR.
  • Ponencia e degustación culinaria ao ritmo das pandereteiras da Solaina.

Sábado 09 de xullo:

  • Subida guiada ó Monte Pindo, con comida pícnic.
  • Ao baixar dará comezo a Carreira polo Monte Pindo-Galicia Máxica.
  • Á noite entrega de trofeos, sardiñada e queimada ao rítmo dun grupo folk.

Domingo 10 de Xullo:

  • Ruta en catamarán pola costa, visitando as illas Lobeiras ou Ruta de sendeirismo polo litoral e visita do Centro de interpretación da electricidade.
  • Comida Baixo carpa en con servicio de catering. Clausura a ritmo dunha charanga.

Máis información

Comentarios