Luns. 15.08.2022
El tiempo

O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido

O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido

Tremendo o Entroido deste ano no Pindo que prantexa unha gran festa de Celtas e Vikingos. Unha festa organizada coma sempre pola activa Asociación Pedramar do Pindo en colaboración co Concello que xa artella un entroido completo en Carnota.

A cita será o sábado 18 de febreiro a partir das 17:30h da tarde, co desfile da gran comparsa. A festa quedará para a noite cunha gran laconada na solaina baixo carpa e unha orquestra. Xa o avisan: "non o dubides, por só 20€ poderás disfrutar dun entroido do máis castrexo".

A festa non rematará aí, senon que o domingo 19 haberá o tradicional concurso de disfraces con agasallos para os máis orixinais, que rematará co enterro da sardiña.

Xa vos podedes apuntar enviando un correo a [email protected] ou no teléfono 626 319 940./p>

Novas relacionadas

comentarios