Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento

O Pindo sae á rúa esixindo unha solución ao saneamento
Foto de Juan Louro Foto de Juan Louro Fartos de quedar co cú ao aire ante a falta de saneamento, os veciños do Pindo saíron este pasado sábado á rúa esixindo solucións. Os eternos retrasos da posta en funcionamento da conexión á EDAR municipal que acabe definitivamente cos problemas de contaminación, e as continuas evasivas de Augas de Galicia a responder as demandas dos veciños, protagonizaron os berros dos máis de 80 manifestantes. ”O saneamento é unha obrigación”, “Saneamento, solución”, ou “Augas de Galicia, é unha inxustiza” foron algúns dos cánticos máis repetidos. As pancartas lanzaban mensaxes claros como que “pagamos impostos, queremos servizos” ou que “non queremos cagar na nosa praia”. Lembraro  ademais que xa son 22 anos incumprindo as leis sanitarias. Os manifestantes vestíronse cos buzos brancos do Prestige para rememorar a gravidade da contaminación orgánica nas nosas rías.   Novas relacionadas 18-11-19: O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo. Unha analítica demostra a necesidade de solucionar o saneamento do Pindo      

Comentarios