Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo

O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo
Denuncian o mal estado do Paseo do Pindo-Fotos-Manu Sestayo Denuncian o mal estado do Paseo do Pindo-Fotos-Manu Sestayo

Un lugar de mar como o Pindo ten unha fachada marítima para agochar. Pendentes seguen da acometida do saneamento que deixa uns cheiros fecais tremendos no medio e medio da vila (ademais da contaminación directa que bota á praia). Pero ademais, os veciños están cansos de ver o “estado lamentable de abandono do paseo marítimo”, como nos conta un veciño, Manuel Sestayo.

Non hai mantemento ningún, e cada vez son máis cousas as que están por arranxar. Táboas de madeira das varandas caídas, farolas torcidas co perigo de caer algun dia e farolollos rotos ou outras cortadas coma se fosen troncos, papeleras en mal estado, malas herbas que non se cortan dende hai meses, herbas no medio do paseo… Cousas que son un perigo para nenos ou maiores.

Dende o Concello asegura o Concello que ten prantexado unha acometida de obra de rehabilitación, xa pedida dende que un camión tirou varias táboas ao dar volta. “Cando nos toque arreglar esa zona da varanda que se rompiu, intentaremos facer o resto das necesidades. Eu espero que antes de xaneiro estea listo, porque o seguro soe tardar un mes, un mes e medio e darlle para adiante.

Faros en mal estado do paseo do Pindo-Foto-Manuel Sestayo As Farolas tamén están en mal estado do paseo do Pindo-Foto-Manuel Sestayo

O saneamento?

Os propios veciños manifestaron a súa proposta polo estado da falta de saneamento mesmo co cú ao aire, tras máis de 8 anos de espera. Por agora parece que toca esperar. Aínda onte o alcalde, Ramón Noceda, chamou a Augas de Galicia (non estaba o Director) para preguntar pola obra do novo colector que encargou e que colle do Ézaro ata a depuradora carnotá. “A Xunta aseguroume hai pouco que recollían a obra a finais de novembro”, sinalou o alcalde, a pesar de que o pasado mes de outubro dicían a finais de outubro”

En todo caso a nova canle aínda vai tardar en poñerse en marcha, porque aínda terá que recibila o Concello, que vai revisar que todo funcione correctamente antes de conectala. O alcalde non quere poñer prazos enriba da mesa.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios