Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Programa de Voluntariado Ambiental de Carnota salva o litoral

O Programa de Voluntariado Ambiental de Carnota salva o litoral
Programa de Voluntariado Abiental de Carnota Programa de Voluntariado Abiental de Carnota O problema global das basuras mariñas está fóra de control. É un tema descoñecido pola maioría da poboación a pesar de que a súa ampla gama de impactos afecta á fauna e os ecosistemas mariños, á economía, o turismo, o gasto público, a seguridade na navegación, a saúde, etc. Calquera material sólido persistente, manufacturado ou procesado arroxado o abandonado no medio natural ou mariño ou costeiro pode ser definido como residuo mariño, contando cun lentísimo proceso de degradación dos residuos arroxados o mar – maiormente de plástico –. Porén, son os voluntarios os que parecen estar salvando o litoral. Ante a falta de responsabilidade das administracións somos os cidadáns os que estamos a tomar o relevo na limpeza do noso litoral. Coñecidas son as actividades de limpeza de colectivos sociais como Mar de Fábula, Abellariza, Rumial, Libera, Os Guerreiros do lixo, ADEGA… Aos que se lles uníu este mes de agosto os voluntarios organizados polo Concello de Carnota, facendo fala do “Moi Humanitaria” que é a vila. Foi unha interesante acción voluntaria a que desenvolveu o Concello, acolléndose á Orde o 15 de xuño da Consellería de Política Social, consistente na limpeza, mantemento e avaliación dos Lugares de Interese Comunitarios (LICs), presentes no Concello. Seguindo as directrices do VII PMA Programa Xeral de Acción da Unión en materia de Medio Ambiente, titulado “Vivir ben, respetando os límites do noso planeta”, que se adoptou  mediante  a  Decisión nº1386/2013/UE de 20 de novembro, o equipo de voluntariado centrouse no “Mantemento borde litoral de Carnota”. Recoller o lixo é a acción principal pero ao seu arredor, o programa inclúe outros moitos obxectivos: protexer, conservar e reforzar o capital natural; capitalizar o valioso patrimonio natural de Carnota para crear emprego, a través da posibilidade do turismo sostible; elaborar mapas e avaliación dos ecosistemas e os seus servizos; fomentar a vixiancia medioambiental… Todo no marco dun programa coa súa importante vertente social, que fomenta o voluntariado e a integración.

3 semanas de limpezas: Case 2 toneladas de lixo

Programa de Voluntariado Abiental de Carnota 2 Foron 1900 Kilos de residuos retirados do medio duns 21 km de litoral dos LIC 1110012 e LIC 1110008. A tipoloxía é do máis variada: ACTIVIDADES NA COSTA E RECRETIVAS: Bolsas de papel e plástico Botellas de vidro e plástico, Latas e tapas. Vestimenta e zapatos. Utensilios para comer de plástico. Envoltorios e envases. Casquillos Xoguetes ACTIVIDADES NO MAR : Boias e flotadores. Láminas de plástico Palillos de batea Partes de aparellos de pesca, redes e liñas. Cordas e cintas de embalar. Caixóns, pallets Bombillas e tubos de luz. Luces químicas. Botellas de aceite, lubricantes Caixas de cebo DESECHOS: Electrodomésticos Materiais de construción Neumáticos Colillas e encendedores Xeringuillas Ademais, os voluntarios reportaron a ubicación de animais mortos, plantas invasivas ou exóticas, depósitos de obras tiradas no medio, puntos sensibles e accións necesarias nas distintas áreas testadas.

”As limpezas por si soas non resolven o problema dos residuos no borde litoral dos LICs”

Téñeno claro por Carnota, por iso ademais desas limpezas, saben que é necesario atacar o problema nas fontes que os orixinan. Información e concienciación son partes fundamentais desa necesaria análise para cortar o ciclo do lixo. - As autoridades deberá ter toda a información sobre o tipo e a composición dos residuos recollidos, autoridades e representantes poden desenvolver ou propoñer mellores políticas de conservación. - O público en xeral pode tomar conciencia do que significa arroxar residuos onde non debe, dispoñer de eles adecuadamente, optar polo reciclaxe ou adoptar comportamentos que favorezan a redución da basura que acaba no noso entorno natural.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-voluntariado-de-carnota-manten-limpo-o-litoral/ https://quepasanacosta.gal/carnota-sumase-a-igualdade/

Comentarios