O Simposium Monte Pindo recupera a Memoria dos Fuxidos


Menuda historia a dos Fuxidos no As de Sel. E menudas historias as que hai detrás das rochas do Monte Pindo dos tempos do franquismo. Os chamados fuxidos, ou escapados, serán os protagonistas do V Simposium Monte Pindo, que artella a Asociación Monte Pindo Parque Natural. A confraría do Pindo acollerá este evento o vindeiro sábado 1 de outubro, baixo o tíulo «A Memoria dos Fuxidos».
É a primeira edición de carácter monográfico, servindo de homenaxe a todos os que rubiron as ladeiras do Olimpo Celta escapando da guerra e da represión franquista despois do golpe de estado de xullo de 1936. Milleiros de veciños da contorna tentaron fuxir ou ben cederon finalmente ante falsas promesas de seren amnistiados; pero moi poucos porén volverían a ver as súas familias.
Haberá tempo para ver o filme “A Mariñeira de Quilmas”, dirixido por Antón Dobao inspirado nun relato de Darío Xoán Cabana. Ambos estarán presentes.
Falará o historiador Eliseo Fernández, que focalizará na incrible, e digna de pasar á gran pantalla, historia dos fuxidos no As de Sel.
Non podería faltar Luís Lamela co seu libro “Escapado”, un dos libros indispensables para entender a historia da nosa comarca en tempos do franquismo. A súa palestra está titulada «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo» e desenvolverase despois de comer.
E para pechar o simposio, Moncho Ermida, quen vén de publicar este verán o libro "Mortos por amor á Terra”.
Os que queiran tamén poden reservar para xantar no restaurante da pensión A Morada no Pindo, para o que haberá que anotarse en info@montepindo.org ou chamando ao 655 56 43 72. O prezo é de 15€ por comensal.
.Novas sobre o Olimpo Celta e os fuxidos
- A historia dos fuxidos no As de Sel.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- As Bondades da fala, con David Lourido: Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- Luís Lamela homenaxea aos “escapados” do Monte Pindo.
- “A Mariñeira de Quilmas” enche os cines de Cee.
Novas do Simposium
- Simposium 2015: O Simposium Monte Pindo analizou as novas oportunidades do futuro primeiro Parque Natural costeiro.
- Simposium 2011: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
- Simposium 2010: Atopan restos dunha ermida milenaria no Monte Pindo.