O Orballo Cultural volve arrincar o verán en Carnota
25 de maio de 2022 (07:44 h.)
O 18 de xuño será o día para dar o pistoletazo de saída ao verán festivaleiro deste 2022. Se por Carballo celebran o Rockin’, por Carnota, a Gala Final da activa Escola de Música de Carnota servirá de punto de partida do Orballo Cultural.
Así o anuncia o festival itinerante nado na Costa da Morte, que volta redescubrir Galicia, dende o concello carnotán, como fixo o ano pasado dende Portocbelo.
A cita será o 18 de xuño, no porto do Pindo, coa revolución dj de Grande Amore e a banda muradá Lisdexia pola mañá, e os carnotáns Adhara&Ritman e os tamén muradáns Deleiba pola tarde.
Xa están as entradas disponibles en woutick.es
Novas relacionadas
- A ESMU de Carnota afronta unha movida recta final do curso e xa pensa no seguinte.
- 2021: Naturalidade, compromiso e talento triunfan no Orballo Cultural.
- A música voltou soar co Orballo Cultural en Portocubelo.
- #SoandoconForza: A sesión do Orballo Cultural.