Venres. 19.07.2024
El tiempo

Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven

Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven

Xa están na rúa. Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa están levantando a voz, e se ben aínda moitos non saben que o son, a nova Plataforma pretende informar e servir de apoio para a protesta.

O pasado día 6 de xullo, tivo lugar na Casa de cultura de Corcubión a primeira reunión da Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas da Costa da Morte. Unha xuntanza que servíu para formalizala, e mesmo xa a podemos atopar a través do Facebook.

A reunión asistiron unhas 40 persoas, tendo constancia de unha ducia máis que por diferentes motivos non puideron asistir. I é que o perfil medio dos afectados son persoas maiores, e algunhas delas, por motivos de saúde ou mobilidade, lles resulta imposible desprazarse. Ademais, outros afectados, da zona máis ao sur da área, están integrados nas plataformas do sur de Pontevedra.

Falta de información

Un dos puntos claves desta batalla é a información, e con ese obxectivo fundamental nace a Plataforma. A reunión serviu para informar das características das participacións preferentes e das distintas vías abertas que existen actualmente a efectos de resolución da súa problemática.
Así, "quedou de manifesto que ninguén recibiu información directa sobre o produto, e que o que ven sendo habitual, se contrataba como un prazo fixo, sen ser conscientes da toxicidade do produto que estaban inducidos a contratar", explícanos Manuel González, afectados e un dos impulsores da Plataforma.

Outro dato, "triste pola falta de información, é a da remisión de extractos onde os afectados interpretan como “efectivo” o valor real dos seus fondos. Sen embargo está acompañado por un (*) que ven a dicir que por motivos técnicos a valoración está pendente de efectuar a prezos de mercado. É realmente triste ver a cara de incredulidade do afectado, cando lle dis que, con sorte, esa “inversión” está por debaixo da metade do que alí pon", apunta.

"É outro indicador da pouca profesionalidade e arbitrariedade coa que se seleccionaron os “inversores” dun Banco que non informan do valor real dos títulos, cando se entras pola súa propia aplicación de broker on-line, faste consciente da nefasta rendibilidade dos bonos", lamenta.

"Suplico ao banco que me venda participacións"

Hai cousas aínda moi graves por aparecer. Como esta que nos contan: "para aquelas partidas de preferentes de 2007 en adiante, o informe de risco, a pesar de recoñecer que a persoa que ía asinar a solicitude non era o perfil idóneo do produto, “suplicaba” ao banco que llas vendera, ademais practicamente cada persoa é un caso distintos os outros, sen embargo o perfil é sempre o mesmo, non son as persoas máis idóneas a que vender ese produto e crear pseudo-accionistas".

Discriminación

Dende a Plataforma puideron comprobar tamén o diferente trato das distintas entidades bancarias afectadas para cos seus clientes: "É curioso como un Banco coma Bankia, con todos os seus problemas, está a informar aos seus mellores clientes, aqueles que teñen preferentes, cun canxe por depósitos e para elo está a chamarlles por teléfono, porque saben a ciencia certa, que con toda probabilidade deixen de ser clientes. Cando alguén chama a 20.000 clientes e o publica, contrasta con alguén que a día de hoxe ten a unha gran parte sen avisarlle que as ten colocadas. Canta diferenza de trato, a día de hoxe non sabemos cantos afectados hai".

Nese sentido, na reunión acordaron "proceder a efectuar as correspondentes reclamación 1º a atención o cliente de Nova Galicia Banco, posteriormente solicitar a mediación de consumo e, posteriormente, na previsible falta de resposta da entidade proceder a remitir a queixa a comisión do mercado de valores, para proceder a dar os primeiros pasos de demanda civil a través dun bufete especializado".

Zonas de actuación na Costa da Morte

Xa no aspecto operativo, a Plataforma definíu 4 áreas de actuación local: Muxía, Corcubión, Dumbría e Muros (nestos últimos días están solicitando información afectados da zona de Bergantiños) e procedeuse a abrir canais de información, así como convocar en breve unha nova reunión onde poda asistir algún coordinador dunha plataforma xa consolidada e, unha primeira toma de contacto con asesoramento legal.

Queres unirte?

Calquera persoa interesada en ter máis información e adherirse á Plataforma de afectados participacións preferentes Costa da Morte pode contactar:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios